27 enero 2006

Un ano despois te mando rosas



Reviso fotos vellas onde estás ti,
con ese pelo longo tan fermoso, que tanto me gustaba acariciar,
con ese beizos que sabían a rosas frescas de mañá,
con ese corpo que tanto percorrín,
noite tras noite, case sen folgos,
mentres te adentrabas en min con dulzura, paixón, ¿amor?...

Acórdaste de cando te cantaba o oído?
De cando te susurraba palabras fermosas e ti sorrías tímido.
De cando me collías coa túa man e xogabas cos meus dedos?
De cando...?

Namorados nunha cidade descoñecida: Oviedo.
Para facer todo o que nos apatecera,
para sentir,
para vivir cousas distintas,
para reavivar un amor que comezaba a morrer.

Hoxe, xa son quen de recordarte así.
Para ti, Nanete

22 enero 2006

Brokeback Mountain



Xa fun vela: é preciosa, sensible, romántica, ben contada, ben interpretada...
Ten todo aquilo que precisaba ver e recordar e todo aquilo que precisaba chorar.

17 enero 2006

Soldadito marinero



Caladinha di que a miña vida sentimental parécese moito a deste soldado. Terá razón?

"Él camina despacito que las prisas no son buenas.
En su brazo dobladita, con cuidado la chaqueta.
Luego pasa por la calle dónde los chavales juegan.
Él también quiso ser niño pero le pilló la guerra.

Soldadito marinero conociste a una sirena
de esas que dicen te quiero si ven la cartera llena.
Escogiste a la más guapa y a la menos buena.
Sin saber como ha venido te ha cogido la tormenta.

Él quería cruzar los mares y olvidar a su sirena
la verdad, no fue difícil cuando conoció a Mariela
que tenía los ojos verdes y un negocio entre las piernas
hay que ver que puntería, no te arrimas a una buena.

Después de un invierno malo, una mala primavera
dime por que estas buscando una lágrima en la arena."

12 enero 2006

E de novo ti


Había moito tempo que non se achegaba a min.

A muller vestida de xeo
que soprende como un raio transparente,
que non esperas,
que corta con tal precisión,
que rasga por completo as miñas vestiduras,
sen apenas notar a súa presenza.

No amplo silencio do meu salón, non se escoita nada.
Hai xente na casa,
están mortos?
estou morto eu?
Voltarei a escoitar as risas da miña infancia?

E de novo ti, outra vez aquí.
Malparida fuches,
malparida segues.

Deíxame quedarme un anaco máis,
no regazo da miña nai.

09 enero 2006

Reis madrileños


Venres 6 de xaneiro-14:50-Saio da estación de tren de Compostela dirección Carballiño. Ali espera X. pra marchar xuntos en coche cara Madrid, onde xa nos esperan C. e S.

A viaxe no coche foi longa e fermosa. Facía moito tempo que X. e máis eu non falábamos con tempo de nós, de homes, de traballo... pero sobre todo facía moito máis tempo que non nos riamos tanto. Paramos en varias ocasións pra facer cambio de conductor, fumar un cigarro e descansar o corpo, e nunha desas paradas un encargado dunha gasolinera nos fixo un bonito agasallo, solidariedade gai?, pensamos que si.

Chegamos a Madrid moi tarde e imos cara Legazpi onde está a casa onde vai quedar a durmir X. e alí aparcamos o coche, falamos con J. e nos cambiamos de roupa pra sair de farra por Chueca. Camiñamos uns 15 minutos cara a estación de metro máis próxima e nos poñemos como pitos do moito que chove, parece que estábamos na casa, Galiza, xustamente iso non o botaba nada de menos comento con mala hostia porque levaba o pelo escarallado pola choiva e os calzóns mollados, co que "molladas" como íamos en ámbolos sentidos, collemos o metro e alí esperábanos outra sorpresa máis: a liña que tiñamos que coller estaba escarallada (parece ser que a capi non está preparada para moita choiva e que sempre que chove moito fódese algunha liña do metro) co que decidimos que estando nas circunstacias nas que nos atopabamos era millor voltar pra casa, tomar unha sopiña quente e mañá aproveitar ben o día.

Sábado 7 de xaneiro. Érgome ás 11:00, e vou con C. a almorzar a unha cafetería do Paseo das Delicias, mentres esperamos a que chegue X. e S. Cando chegan collemos o coche e nos diriximos a liberar espazos: hoxe toca... Toledo. A cidade preciosa e a compañía inmellorable, os 4 xuntos de novo, tranquilos, sin estrés, sen malos rollos, como nos vellos tempos cando vivíamos en Quiroga Palacios. Risas, petardeo, plumeo, mariconería por un tubo e amizade a flor de pel. Visitamos a cidade, comemos nun restaurante malísimo no que o tipo que nos atende debeu flipar con nós e saimos de alí ás 4, hora na que eu xa ía medio borracho polo viño que bebimos que tamén era malo de carallo.

As 8 chegamos de novo a Madrid e quedo con D. un amigo de fai anos que agora vive en BCN. Está máis guapo que nunca, máis home, máis adulto, e namorado dun home que parece ser que o fai moi feliz. Como sempre me namoro del en 15 minutos, o seu trato tan dulce fai que me enganche os seus ollos durante 2 horas inesquecibles nas que nos poñemos o día despois de 2 anos sen vernos. Agasállame cuns contos escritos por el e que está tentando publicar, e veñen envoltos nun palel fermosísimo que trouxo da súa última viaxe a Italia.

Chega a noite, merco un bocata nun chino de Chueca e vou cara a pensión a comer e cambiarme de novo, hoxe non chove así que hai que porse mona, facerse a raia e meter barriga. A noite unha das mellores das que vivín en Madrid, imos de local en local bailando pola rúa, cantando, berrando coma tolas e falando con cada rapaz guapo que nos atopábamos, e o final da noite un neno bonitísimo de pelo loiro e ollos azuis acercáseme e me di se quero ir pinar con el, eu alucino e lle digo que busque alguén coma el (realmente non vin tío máis guapo na miña vida) pero claro, tiña truco, era chapero e como, segundo el, eu era moi guapo so me cobraba 10 euros, aínda así decido ir durmir e me despido del sabendo que non terie unha oportunidade de foder cun tio así na miña vida (para a miña sorpresa atopareino o día seguinte facendo a rúa na Praza de Chueca, e esta vez me sauda e me desexa boa viaxe, nada de chapas).

Domingo 8 de xaneiro- Érgome as 11:00 pra deixar a pension as 12:00. C. e S. xa colleron o avión as 8 e X. está durmindo. Decido ir almozar a Chueca a unha cafetería de diseño. O camareiro, guapo e simpático, dame leria e estou con el unhas dúas horas, despois vou a unha libreria e merco dous libros (realmente non tiña pensado mercar nada pero é que o dependente estaba tan cachondo que algo tiña que facer pra que se fixara en min), ata que X. ponse en contacto comigo pra ir comer. Imos a un restaurante da zona, coememos maravillosamente por un bo precio e a camareira e absolutamente encantadora, ¿e así todo o mundo nesta cidade?, diríxese a nós como "corazones" e nos trata fabulosamente.

Despois de comer imos de paseo por Fuencarral e alí entramos no centro comercial, imos de tendas: miramos todo, probámonos todo e falamos con todos, estou na gloria. X. está a pìques de marchar cara Valencia e a min aínda me quedan unhas 5 horas pra coller o avión así que quedo con N. un amigo que aínda me quedaba por ver, paso con el un rato e collo o metro dirección aeroporto.

Chego e despois de 30 minutos de retraso na saída do avión e 55 minutos de vo, estou na casa de novo. Sinceramente, non a botaba nada de menos e me prometo a min mesmo que voltarei pronto, moi pronto.

04 enero 2006

Mi mundo sin ti


Escoite esta canción por primeira vez na radio indo cara Compostela. Pareceume unha destas dos triunfitos que teñen que sacar disco antes de que lles acabe o tirón da televisión, pero teño que recoñecer que me gustou e decidín baixala e escoitala con máis calma.
Despois de oila unhas 6 ou 7 veces decindín posteala e adicarlla a todos aqueles que se consideren merecedores da letra. O título "Mi mundo sin ti" dentro do álbum "Corazón de fuego", a cancion non e ningunha maravilla pero ten unha guitarra acústica bastante boa.

"Es mi mundo sin ti, sin mis manos atadas a tus pies.
Es mi mundo sin ti, sin tu forma de hacer todo al revés.
Es mi mundo sin ti, ahora que sin dudar te dije adiós.
Es mi mundo sin ti, al dejar este abismo entre los dos.

Márchate y llora por mi,
has perdido tu oportunidad.
Me engañaste y ahora tendrás que sufrir,
porque ya no quiero verte más.

Por mi te puedes ir al cuerno,
basta ya de tus mentiras y tu falsa forma de amar.
Cocínate en tu propio infiermo,
sin mi amor,
anda llórale a ella y trágate tu dolor.

Es mi mundo si ti, el opuesto al desierto de tu amor.
Es mi mundo sin ti, el lugar donde fuiste el perdedor.
Es mi mundo sin ti, un jardín donde puedo respirar.
Es mi mundo sin ti, donde hallé quien me amara de verdad.

Tuyo fue mi corazón,
ya no vengas a pedir perdón,
tu mentiras ahora tendrás que pagar
porque ya no quiero verte más.

Por mi te puedes ir al cuerno,
hoy me marcho de tu vida para no volver nunca más
y si te encuentro ni me acuerdo que te vi,
porque no cambio por nada ahora mi mundo sin ti".