31 marzo 2006

Ausencia



Hoxe sinto a túa ausencia tan intensamente en min,
a chuvia tornouse en bagoas do ceo
e o sol evidencia a falta de ti.

Extraño os ollos cos que nos mirabamos,
a túa risa tola, o teu bico en min,
como as cancións sen as que esta vida vólvese monótona e gris.

As horas son longas.

Hoxe sinto a túa ausencia e o mundo esta valeiro cando ti non estás.

Extraño os bicos que nos dabamos e os que non nos dimos comezo a extrañar.

15 marzo 2006

Estado



Estou tan canso que so teño forzas pra levar unha vida monótona e aburrida.
A culpa: o exceso de traballo e o enganche autofabricado polo ximnasio.
Conclusións: 2 meses = 2 quilos.
Estoume dando conta que prefiro isto as relacions sociais.

01 marzo 2006

Noites


Xa o sei. Levo case un mes sen poñer nada pero foi imposible e a verdade e que non teño moito que dicir, aínda que hai unha cousa nova na miña vida.

Nestes 6 últimos días saín de farra, baile, alcohol... o venres, o sábado e o luns. Máis do que saín nos últimos 5 meses.

Será que algo está cambiando na miña vida.

Ogallá sexa así.