09 enero 2006

Reis madrileños


Venres 6 de xaneiro-14:50-Saio da estación de tren de Compostela dirección Carballiño. Ali espera X. pra marchar xuntos en coche cara Madrid, onde xa nos esperan C. e S.

A viaxe no coche foi longa e fermosa. Facía moito tempo que X. e máis eu non falábamos con tempo de nós, de homes, de traballo... pero sobre todo facía moito máis tempo que non nos riamos tanto. Paramos en varias ocasións pra facer cambio de conductor, fumar un cigarro e descansar o corpo, e nunha desas paradas un encargado dunha gasolinera nos fixo un bonito agasallo, solidariedade gai?, pensamos que si.

Chegamos a Madrid moi tarde e imos cara Legazpi onde está a casa onde vai quedar a durmir X. e alí aparcamos o coche, falamos con J. e nos cambiamos de roupa pra sair de farra por Chueca. Camiñamos uns 15 minutos cara a estación de metro máis próxima e nos poñemos como pitos do moito que chove, parece que estábamos na casa, Galiza, xustamente iso non o botaba nada de menos comento con mala hostia porque levaba o pelo escarallado pola choiva e os calzóns mollados, co que "molladas" como íamos en ámbolos sentidos, collemos o metro e alí esperábanos outra sorpresa máis: a liña que tiñamos que coller estaba escarallada (parece ser que a capi non está preparada para moita choiva e que sempre que chove moito fódese algunha liña do metro) co que decidimos que estando nas circunstacias nas que nos atopabamos era millor voltar pra casa, tomar unha sopiña quente e mañá aproveitar ben o día.

Sábado 7 de xaneiro. Érgome ás 11:00, e vou con C. a almorzar a unha cafetería do Paseo das Delicias, mentres esperamos a que chegue X. e S. Cando chegan collemos o coche e nos diriximos a liberar espazos: hoxe toca... Toledo. A cidade preciosa e a compañía inmellorable, os 4 xuntos de novo, tranquilos, sin estrés, sen malos rollos, como nos vellos tempos cando vivíamos en Quiroga Palacios. Risas, petardeo, plumeo, mariconería por un tubo e amizade a flor de pel. Visitamos a cidade, comemos nun restaurante malísimo no que o tipo que nos atende debeu flipar con nós e saimos de alí ás 4, hora na que eu xa ía medio borracho polo viño que bebimos que tamén era malo de carallo.

As 8 chegamos de novo a Madrid e quedo con D. un amigo de fai anos que agora vive en BCN. Está máis guapo que nunca, máis home, máis adulto, e namorado dun home que parece ser que o fai moi feliz. Como sempre me namoro del en 15 minutos, o seu trato tan dulce fai que me enganche os seus ollos durante 2 horas inesquecibles nas que nos poñemos o día despois de 2 anos sen vernos. Agasállame cuns contos escritos por el e que está tentando publicar, e veñen envoltos nun palel fermosísimo que trouxo da súa última viaxe a Italia.

Chega a noite, merco un bocata nun chino de Chueca e vou cara a pensión a comer e cambiarme de novo, hoxe non chove así que hai que porse mona, facerse a raia e meter barriga. A noite unha das mellores das que vivín en Madrid, imos de local en local bailando pola rúa, cantando, berrando coma tolas e falando con cada rapaz guapo que nos atopábamos, e o final da noite un neno bonitísimo de pelo loiro e ollos azuis acercáseme e me di se quero ir pinar con el, eu alucino e lle digo que busque alguén coma el (realmente non vin tío máis guapo na miña vida) pero claro, tiña truco, era chapero e como, segundo el, eu era moi guapo so me cobraba 10 euros, aínda así decido ir durmir e me despido del sabendo que non terie unha oportunidade de foder cun tio así na miña vida (para a miña sorpresa atopareino o día seguinte facendo a rúa na Praza de Chueca, e esta vez me sauda e me desexa boa viaxe, nada de chapas).

Domingo 8 de xaneiro- Érgome as 11:00 pra deixar a pension as 12:00. C. e S. xa colleron o avión as 8 e X. está durmindo. Decido ir almozar a Chueca a unha cafetería de diseño. O camareiro, guapo e simpático, dame leria e estou con el unhas dúas horas, despois vou a unha libreria e merco dous libros (realmente non tiña pensado mercar nada pero é que o dependente estaba tan cachondo que algo tiña que facer pra que se fixara en min), ata que X. ponse en contacto comigo pra ir comer. Imos a un restaurante da zona, coememos maravillosamente por un bo precio e a camareira e absolutamente encantadora, ¿e así todo o mundo nesta cidade?, diríxese a nós como "corazones" e nos trata fabulosamente.

Despois de comer imos de paseo por Fuencarral e alí entramos no centro comercial, imos de tendas: miramos todo, probámonos todo e falamos con todos, estou na gloria. X. está a pìques de marchar cara Valencia e a min aínda me quedan unhas 5 horas pra coller o avión así que quedo con N. un amigo que aínda me quedaba por ver, paso con el un rato e collo o metro dirección aeroporto.

Chego e despois de 30 minutos de retraso na saída do avión e 55 minutos de vo, estou na casa de novo. Sinceramente, non a botaba nada de menos e me prometo a min mesmo que voltarei pronto, moi pronto.

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

amparo, agora non me dá tempo máis ca de ler un anaco ;)
mañá máis
estiven no porto, pero non mamarracha decrépita. acordáchesme

1:48 p. m.  
Anonymous Anónimo said...

Here are some links that I believe will be interested

5:07 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Keep up the good work. thnx!
»

9:21 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home