E de novo ti
Había moito tempo que non se achegaba a min.
A muller vestida de xeo
que soprende como un raio transparente,
que non esperas,
que corta con tal precisión,
que rasga por completo as miñas vestiduras,
sen apenas notar a súa presenza.
No amplo silencio do meu salón, non se escoita nada.
Hai xente na casa,
están mortos?
estou morto eu?
Voltarei a escoitar as risas da miña infancia?
E de novo ti, outra vez aquí.
Malparida fuches,
malparida segues.
Deíxame quedarme un anaco máis,
no regazo da miña nai.
1 Comments:
I love your website. It has a lot of great pictures and is very informative.
»
Publicar un comentario
<< Home