10 abril 2006

Eurovisión 2006



Eu xa o teño claro.

Esta muller chamada Elena Risteska representante da R.F. de Macedonia coa canción "Ninanajna" é a miña favorita e ata votarei por ela porque a canción que leva o merece de sobra.

Despois de escoitar tódalas cancións (levoume unha semana enteiriña) e de ter un claro competidor: o rapaz de Romanía que tamén me gusta moito cunha voz exquisita e moi soprendente e unha canción ben bonita e ben eurovisiva decido deixalo no segundo posto e no terceiro a un hiper-cachondazo de Rusia que con el podería facer dúas merendas cunha canción interesante pero sobre todo cun camiseta ummmmm.

Se alguén quere escoitar e ver os videoclips destas cancións pode facelo na páxina oficial de eurovisión http://eurovision.tv e deixarme a súas opinións respecto o exposto.