Eurovisión 2006
Eu xa o teño claro.
Esta muller chamada Elena Risteska representante da R.F. de Macedonia coa canción "Ninanajna" é a miña favorita e ata votarei por ela porque a canción que leva o merece de sobra.
Despois de escoitar tódalas cancións (levoume unha semana enteiriña) e de ter un claro competidor: o rapaz de Romanía que tamén me gusta moito cunha voz exquisita e moi soprendente e unha canción ben bonita e ben eurovisiva decido deixalo no segundo posto e no terceiro a un hiper-cachondazo de Rusia que con el podería facer dúas merendas cunha canción interesante pero sobre todo cun camiseta ummmmm.
Se alguén quere escoitar e ver os videoclips destas cancións pode facelo na páxina oficial de eurovisión http://eurovision.tv e deixarme a súas opinións respecto o exposto.
3 Comments:
:-D
Tiña ou non tiña razón cando dicía o que dicía de Macedonia?
Recibiu postais?
Si, si, tiña razón absolutamente, e si recibín dúas moi bonitiñas. Graciñas.
elena risteska i love you super miss beauty viva macedonia
Publicar un comentario
<< Home